Mira, mira, mira... que fixemos ultimamente.
Thu, Feb 25, 2021
Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.
Máis →
Fri, Feb 19, 2021
Dende a República de Procanistán seguimos comunicando! Desta vez comentamos de "Os Best insultos in España" (por comunidades), un tema delicado chamado canibalismo...e Pablo poñerá algo de sentido común falando de Jean Seberg. Acudide! Aquí dentro non hai pandemias, só algunhas tolemias.
Fri, Feb 12, 2021
Procrastinar... se é para xogar ao axedrez, parece menos procrastinar. Roi quixo falar de Gambito de dama, por se quedaba alguén por vela. Falamos do "baratismo" de McDonald's, a financiación de Okdiario (coa colaboración dun gran especialista) e movidas apocalípticas... coa excusa dun asteroide que pasará (disque) perto de nós. Acompañádenos!
Fri, Feb 5, 2021
Procrastinar procrastinarei... o viño de clarear... esta semana temos no menú. Análise de marcas de papel hixiénico. Clave para as vosas vidas. Sopramos as pelas con wikipedia, lembraremos unha figura clave de dobraxe galega...e Lois traerá dúas series que igual vos soan, Patria e Antidisturbios.
Fri, Jan 29, 2021
Pois, resulta que procastinar non cansa! Desta vez falamos de progreso ecolóxico en capitais, o fenómeno Ibai e cotilleos e de neve artificial xa que ninguén se enterou de que nevou en Madrid. Pablísimo falanos dun escritor con nome de directivo de Ikea, o gran Stieg Larsson.
Fri, Jan 22, 2021
Procrastinamos tamén coa cultura galega! Estiveron con nós Marián Bañobre e Santi Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro. Capitanean tamén a primeira montaxe da nova etapa do CDG (Centro Dramàtico Galego). Charlamos de O Charco e Ulises...e moito máis!!
Fri, Jan 15, 2021
Fai moito, moito tempo, unha galaxia moi lonxana conquistou o corazón de moita xente. Súmase un novo procastinador neste novo episodio, o señor Alejandro Carro...ou “Carropedia” para os amigos. Analizamos a segunda temporada de The Mandalorian! Acompañádenos de man da forza ó noso templo máis tolo que dogmàtico.
Fri, Jan 8, 2021
Seguimos procastinando! Desta vez mergullámonos entre especulacións, tanto misteriosas como económicas…a auga entrando en Bolsa. Tamén nos deu tempo (o bo que ten perdelo!) para descubrir un novo Forrest Gump…italiano!. Roi tráenos na súa sección a un mago (e científico) que atacou magufos (entre outras cousas), o gran James Randi. Agardamos que vos guste!